INFORMACIÓN E BASES

Estes son os gañadores da edición 2017:

1º – SOUL MAXÍN

2º – ASTROGIRL

A QUEN VAI DIRIXIDO:

Bandas e solistas, maiores de idade, sen obra comercial editada.

REQUISITOS PARA PARTICIPAR:

Bandas ou solistas, con residencia na Provincia da Coruña e que non teñan obra comercial editada, exceptuando os auto-editados ou aqueles que non asinen contrato discográfico nin editorial.

Aberto a traballos de calquera estilo musical.

As maquetas presentadas deberán ser orixinais e inéditas en letra e música.

MECÁNICA DO CONCURSO:

1. Cada solista ou grupo participante deberá presentar unha maqueta cun tema nun archivo MP3 dun tamaño máximo de 20 MB a través do seu rexistro na páxina Web http://outraoutra.estudiosmans.com

2. Preselección de finalistas. Un Xurado profesional elixirá por sistema de votación maioritaria entre todos os participantes os 5 finalistas para participar na fase de audición final.

3. Participación na audición final. Concerto-audición que terá lugar o día 16 de novembro de 2017, na Sala Capitol sita en Santiago de Compostela.

7 PREMIOS:

5 premios para participar na audición, e 2 de gravación, mestura e masterización dun EP de duración máxima de 20 minutos, cun vídeo promocional para o primeiro clasificado.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE MAQUETAS:

Dende o 16 de outubro de 2017 ás 12:00 horas pm ata ás 12:00 horas pm do 30 de outubro de 2017, segundo hora do servidor.

O fallo do xurado farase público o 6 de novembro.

MEMBROS DO XURADO:

ANTONIO BORRAZÁS. SALA CAPITOL
MARTÍN CALVIÑO. SALA RIQUELA
MIGUEL LUEIRO. SALA SÓNAR
RICARDO PICÓN. SALA MOON